martes, 20 de marzo de 2012

Despois dunha semana de traballo e de coñecernos uns a outros, atopamos un elemento que nos interesa e sobre o cal imos comezar a investigar; resulta que no libro de Matemáticas falamos dos calendarios, e claro, de onde veñen os calendarios? quen os inventou? por que son así?, etc. preguntas que nos fixeron reflexionar: e se investigamos sobre os calendarios?
Pois dito e feito, aquí temos o nome do noso proxecto que comezamos con moita ilusión. Despois de moitas propostas e dunha votación "xusta e democrática" o noso proxecto se chama:
MILLÓNS DE CALENDARIOS

Iremos informando dos nosos avances no tema e das nosas propostas de traballo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario