jueves, 26 de enero de 2012





Aí vos deixo algunhas das obras que realizaron os nen@s

PROXECTO ANIMALARIO




Na nosa primeira incursión no mundo dos Proxectos partimos dun tema interesante para os nen@s de 2º de Primaria o pasado curso: os animais. Dividimos a clase en catro grupos, os insectos, os mamíferos, as aves e os peixes e cada un dos nenos elixiu un animal do que nos trouxo información de todo tipo.
Tamén elaboramos unha biblioteca de aula con libros de consulta, contos, poesías, etc. referidos aos animais, e por último en Plástica elaboramos un mural cos animais elixidos que os nen@s fixeron coa técnica do collage.
Mirade o resultado e observade que artistazos hai en Cerceda!

martes, 24 de enero de 2012




Hoxe quería compartir con vós algúns traballos que fixemos o curso pasado na aula. Como vedes, no Entroido aparte de falar das distintas celebracións do mesmo en Galicia, falamos dos Cigarróns e Peliqueiros, e como vedes os nenos fixeron unha máscara ben bonita.

lunes, 23 de enero de 2012

Ola a tod@s!

Ola a tod@s. Chámome Almudena Veira e son mestra de Audición e Linguaxe aínda que actualmente son titora de Primaria.
Empezo este blogue porque quero sumerxirme no mundo dos Proxectos. O pasado curso xa fixemos unha pequena incursión e quero seguir traballando.
Pouco a pouco irei introducindo contidos e o meu diario persoal desta aventura.
Dar as grazas a Bea porque grazas a ela picoume a curiosidade e creo que isto vai saír ben.
Tamén por suposto aos nenos e nenas do CPI O Cruce de Cerceda que estiveron comigo no 1º ciclo os dous cursos anteriores, os meus primeiros "investigadores" nesta aventura que comezamos pronto.