jueves, 29 de marzo de 2012

NEN@S DE 3º, TEDES UNHA MENSAXE

Isto é un regalo...como non fun capaz de colgalo no blog do centro e xa levo moitos días, semanas, meses, querendo facer este regalo aos meus nenos, aos que vexo cada día e cada día están máis altos, parade xa que vou quedar moi baixiña!
Isto é un regalo para vós, espero que o desfrutedes como eu desfrutei facéndoo xa que me levou a recordar dos cursos estupendos. Sempre seredes vós, os primeiros.
Un bico
O proxecto vai rodando de marabilla. Os nenos están moi implicados e cada día traen novas, tipos de calendarios, contos, refráns, adiviñas...pronto iremos colgando os materiais no blog para que poidades ir vendo os traballos.

martes, 20 de marzo de 2012

Despois dunha semana de traballo e de coñecernos uns a outros, atopamos un elemento que nos interesa e sobre o cal imos comezar a investigar; resulta que no libro de Matemáticas falamos dos calendarios, e claro, de onde veñen os calendarios? quen os inventou? por que son así?, etc. preguntas que nos fixeron reflexionar: e se investigamos sobre os calendarios?
Pois dito e feito, aquí temos o nome do noso proxecto que comezamos con moita ilusión. Despois de moitas propostas e dunha votación "xusta e democrática" o noso proxecto se chama:
MILLÓNS DE CALENDARIOS

Iremos informando dos nosos avances no tema e das nosas propostas de traballo...

jueves, 15 de marzo de 2012

Hoxe estivemos inventando poesías locas, xa veredes que chulas nos quedaron:

AVIÓN BONITO CERRA DIANTE ESTRELAS,
FÓRA GABEAN HELICÓPTEROS IGUALES,
LAVAN MAPAS NOVOS OCULTOS,
PERIGOSOS QUE ROMPEN SARAIBA,
TELLADOS UNIDOS VOAN XUNTOS ZUMBANDO

lunes, 12 de marzo de 2012

Bueno, todo na vida ten un fin, tamén un inicio, e mañá será o primeiro día do curso para min despois da miña baixa por maternidade.
Chicos, ídevos preparando para os traballos por proxectos!
Para comezar, imos facer un obradoiro de escrita aproveitando o meu curso do Platega, creo que vai estar moi interesante...
Xa irei introducindo novas a partir de mañá...